sábado, 2 de maio de 2020

1.- PRESENTACIÓN E RELACIÓN PATRIMONIAL



ORGANIZACIÓN PATRIMONIAL NA ÁREA SEPTENTRIONAL DA SERRA DO XISTRAL 



ORGANIZACIÓN E DESENROLO

1. CONXUNTOS ARQUEOLÓXICOS

A nosa intención  de facilitarvos,  do maior xeito e facilidade de comprensiòn  posible, a ubicación e orientación de todos os xacigos atopados a unha simple e primeira vista, lèvanos a  explicarvos neste 7 blog , como facelo; sen que leve tempo, confusiòn ou erros... explicàmolo en diversas etapas: 

1. Nòs rexìmonos polo noso  principio elemental  de que "ningùn xacigo fica en solitario". ( naide ergueu nada por capricho e sen referencias). Por tanto sempre existiron unhas referencias concretas para crear un asentamento, necropolis, etc , ou unhas coordenadas ideais (con base) para establecer un observatorio, unha necròpolis, un povoado, etc ...sen esquecernos da funciòn sinalizadora das pedrafitas e petroglifos.
Por iso, todo è importante, dende o simple "con" ( gran penedo) ate os complexos pètreos de maior ou menor complexidade. Deles dependeran moitas decisiòns dos nosos ancestros, unha vez tomadas as oportunas referencias con aqueles.

Todalas penas teñen o seu aquèl!

En base a isto, traballamos. E seguindo estes paràmetros, enumeramos os listados patrimoniais deste proxecto en grupos de influencia, que poden contèr varios xacigos ( repetimos: considerados vehiculos de expresiòn) òs que chamaremos "conxuntos".


VERACIDADE

( recordade que pode ser un conxunto arqueoloxico ou... non selo. Ficar errado è unha constante no mundo històrico da investigación arqueoloxica) Neste suposto que vos presentamos nesta entrada, imos a poñernos en  que contamos de serias dùbidas sobre a sua autenticidade. Para elo dàmoslle na ficha un indice/grado  de veracidade, respetando ( e non despreciando de por sì ) o seu "valor historico")...neste suposto o calificarìamolo cun 35%.


2.  A LOCALIZACIÒN Ò DETALLE

a) O primeiro que miraremos é  detectar a Área onde está incluso o Conxunto que queremos publicitar..
b) O segundo é ubicar o Conxunto na Zona, Sección e Subsección correspondente ,xa cuadriculada por nòs, ( mirar no blog numero 1) e a sua traslaciòn posterior ò mapa. ( sempre existe un marxe de erro, polo que non podemos calificar de exactas estas medidas, mais sì, moi aproximadas). Aconsellamos a sua confirmacion "in situ" via GPS do movil. De seguro , levaredes moitas sorpresas o descubrir do porquè das ubicaciòns e dos puntos referenciais que tomaran os nosos ancestros para crealas!.
c) Unha vez detectado, e como final, ofrecèmosvos un sinxelo estudo de cada ùn dos Conxuntos, englobados en torno a Zona descrita; facendo mencion expresa nas unidades dos mesmos, ou nos seus puntos referenciais.

Para facelo mais comprensible, imos explicalo paso a paso. 

Tomaremos como exemplo un suposto xacigo ubicado na Zona da Sabugueira, na Área numero 1 : "S", do que temos dùbidas da sua funcionabilidade:

ORGANIZACIÓN  PATRIMONIAL
AREA 1. Vilacampa 

Zona S1.  " Sabugueira "



O primeiro è ubicar ( nun cadro vermello) a zona concreta a estudar dentro de cada unha das 5 Àreas que conforma o noso traballo. Neste caso, a Zona "S1.Sabugueira" dentro da "Àrea 1.Vilacampa" .
...para logo resaltar nesta Zona descrita e ampliada na imaxe, sinalizando os Conxuntos Patrimoniais existentes. Neste caso os 2 sinalizados.
...a continuaciòn describimos cada ùn dos Conxuntos Patrimoniais , facendo uso do que dispoñemos ( imaxenes, grabados, foto aèrea, etc)...tomemos por exemplo o conxunto do que dudamos sobre a sua autenticidade, pero por todo o exposto, decidimos incluìlo; eso sì, dàndolle sò un 35% de autenticidade: 


S1.  SABUGUEIRA

Conxunto 2
As Penas do Outeiro


Seguidamente cómprenos unha foto para identificalo. ( ben sò no seu conxunto, ou engadindolle foto con detalles ou xacigos concretos)


E finalmente a ficha: mais optamos por non facela directamente dun xacigo concreto; senón por Áreas / Zonas, e dentro das cales desenrolaríamos os Conxuntos de Xacigos existentes en cada Zona, Sección o Subseccións.

RESUMINDO  ...



A AUTENTICIDADE  
Lonxe de desprezar ren e sen  minorizar o que atopemos , terémolo todo en conta;  e reflexaremolo na ficha valorandoo  cun % as suas probabilidades.

O CONXUNTO

Absolutamente nengún xacigo está só. Sempre fica sinalizando ou formando parte dalgo; daquela imos reflexar cada xacigo dentro dun Conxunto, previa identificación como parte dun grupo. 

















Ningún comentario:

Publicar un comentario